• 986 850 462
    Noticias
    09/06/2021

    Axudas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia

    Viajes Deza foi beneficiaria das axudas da Xunta de Galicia cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), co obxectivo de contribuir ó desenvolvemento de pequenas empresas afectadas pola pandemia. Estas axudas supoñen a dotación dun fondo de garantía para dar liquidez a un sector que, ademais dos servizos que prestan aos cidadáns, resulta esencial na estratexia de recuperación turística de Galicia. Unha parte das subvencións destinaranse a gastos derivados da creación ou comercialización de produtos turísticos que teñan como destino Galicia, a promoción do Xacobeo, así como a gastos derivados da transformación dixital.